DivulgaMAT
Inicio - DivulgaMAT Facebook - DivulgaMAT Twitter - DivulgaMAT
     Novedades editoriales
     Eventos
     Noticias
     Sugerencias
     Concursos Literarios RSME-ANAYA
     Exposiciones de la RSME
     Enlaces de interés
     Agradecimientos
     Quiénes somos
     Archivos
Galego: Concurso de Narracións
PDF Imprimir Correo electrónico

II CONCURSO DE NARRACIÓNS ESCOLARES DIVULGAMAT

Logo DivulgaMAT           Logo RSME

Logo Anaya

Logo Nivola   Logo Proyecto Sur


OBXECTIVO do CONCURSO

O obxectivo fundamental deste concurso é a popularización das matemáticas entre os mozos, fomentando o seu interese por esta ciencia, pola súa historia e os seus protagonistas. Así mesmo, ten a finalidade de transmitir aos mozos, e por extensión a toda a sociedade, que as matemáticas sexan entendidas como parte da historia e a cultura do home.

O concurso consiste na presentación dun relato de ficción baseado nun resultado matemático, un personaxe relacionado con esta ciencia, unha situación onde latexan as matemáticas,... Trataríase de amosar algún destes temas a través da ollada crítica e imaxinativa do autor da narración.

PRÉMIOS

Establécese un Primeiro Premio dotado de 750 Euros e dous Accésit dotados de lotes de 15 libros.

CONCURSANTES

Poderán participar aqueles mozos que a 31 de decembro de 2006 sexan maiores de 12 anos e menores de 18.

EXTENSIÓN das OBRAS

Os traballos deberán de ser orixinais e inéditos, e deberán presentarse , preferibelmente, en follas de formato DIN A4 escritas por unha soa cara. A extensión da redacción non superará as 5 follas escritas a dobre espazo. Os textos poderán estar escritos a man sempre que a letra sexa lexible. Cada concursante só poderá presentar unha narración.

As narracións poderán estar redactadas en calquera das linguas oficiais do Estado.

PRAZOS DE ENTREGA e FALLO do CONCURSO

Os traballos deberán remitirse a:
Raúl Ibáñez Torres (Presidente da Comisión de Divulgación da RSME)
Departamento de Matemáticas, Facultade de Ciencia e Tecnoloxía, Universidade do País Vasco
Apdo. 644, 48080 Bilbao

antes do 30 de novembro do ano 2006.

O nome do autor non debe aparecer na narración. Achegarase un sobre pechado, en cuxo exterior constará o título da narración e o tema matemático sobre o que trata. No interior de dito sobre deben constar os seguintes dados: título da narración, nome e apelidos do autor, enderezo, data de nacemento e teléfono de contacto do concursante.

XURADO

A Comisión de Divulgación da Real Sociedade Matemática Española designará un xurado composto por profesores e profesionais de distintas especialidades e o seu fallo será inapelábel. Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resolvidas polo xurado.

O fallo do concurso farase público a principios de febreiro do 2007. A Comisión de Divulgación da Real Sociedade Matemática Española resérvase o dereito de publicación dos traballos gañadores e finalistas.

ACEPTACIÓN DA BASES

A participación no concurso leva implícita a aceptación de todas estas bases, así como as decisións e o fallo do xurado.

INFORMACIÓN

Para calquera información adicional, pódese contactar con Esta dirección electrónica esta protegida contra spambots. Es necesario activar Javascript para visualizarla . Páxina en Internet www.divulgamat.net

 

© Real Sociedad Matemática Española. Aviso legal. Desarrollo web