Galego: Concurso de Narracións
Imprimir

CONCURSO DE NARRACIÓNS ESCOLARES RSME-ANAYA 2010
(VI Concurso de Narracións Escolares DivulgaMAT)

Logo RSME Logo Anaya

Logo Nivola Logo Proyecto Sur

Image


OBXECTIVO do CONCURSO

O obxectivo fundamental deste concurso é a popularización das matemáticas entre os mozos, fomentando o seu interese por esta ciencia, pola súa historia e os seus protagonistas. Ademais, ten a finalidade de transmitir aos mozos, e por extensión a toda a sociedade, que as matemáticas son parte da historia e a cultura do home.

O concurso consiste na presentación dun relato de ficción baseado nun resultado matemático, un personaxe relacionado con esta ciencia ou unha situación onde afloran as matemáticas. Trataríase de mostrar algunha destas cuestións a través da ollada crítica e imaxinativa do autor da narración.

PRÉMIOS

Establécense dous Primeiros Premios dotados de 500 Euros, dous Segundos Premios dotados de 250 Euros e cinco Accésit dotados de lotes de 10 libros.

CONCURSANTES

Poderán participar os mozos e as mozas que a 31 de decembro de 2010 sexan maiores de 12 anos e menores de 18.

CARACTERÍSTICAS das OBRAS

A narración deberá ser orixinal e inédita e non poderá ter sido premiada en ningún outro concurso, nin poderá ser presentada a ningún outro concurso mentres este permaneza aberto.

Os traballos deberán presentarse , preferibelmente, en follas de formato DIN A4 escritas a unha  soa cara. A extensión da redacción non superará as 5 follas escritas a dobre espazo. Só poderá presentar unha narración cada concursante.

As narracións poderán vir redactadas en calquera das linguas oficiais do Estado.

PRAZOS DE ENTREGA e FALLO do CONCURSO

Os traballos deberán remitirse a:

Raúl Ibáñez Torres ( Comisión de Divulgación de la RSME)
Departamento de Matemáticas,  Facultad de Ciencia  y Tecnología
Universidad del País Vasco
Apdo. 644, 48080 Bilbao

antes do 31 de decembro do ano 2010.

O nome do autor non debe aparecer na narración.  Adxuntarase un sobre pechado, en cuxo exterior constará o título da narración e o tema matemático sobre o que trata.  No interior  do devandito sobre deben constar os seguintes  datos: título da narración, nome e apelidos do autor, enderezo, data de nacemento, e-mail e teléfono de contacto do concursante.

O 12 de  xaneiro de 2011 publicarase un listado de narracións escolares recibidas, e abrirase un prazo de 10 días para que quen non apareza nas mesmas  poida realizar a conveniente reclamación.

En caso de resultar gañadores, os participantes serán convidados aos actos que se organicen de entrega de premios.

XURADO

A Real Sociedade Matemática Española designará un xurado composto por profesores e profesionais de distintas especialidades, e o seu fallo será inapelábel.

Todas as incidencias non previstas nestas bases serán  resoltas polo xurado. En ningún caso o concurso poderá  quedar deserto.

O fallo do concurso  farase público antes do 15 de abril do 2011, mediante a través do portal DivulgaMAT (www.divulgamat.net) e do portal da RSME (www.rsme.es).

Os orixinais presentados non serán devoltos, podéndose destruír ou conservar segundo se estime conveniente.

EDICIÓN e PUBLICACIÓN

A Real Sociedade Matemática Española  resérvase o dereito de publicación, se o estima oportuno, dos primeiros premios e dos accésit, así como de cantas narracións se presentasen a concurso e o xurado estime conveniente.

Dita publicación poderase realizar en forma de libro en calquera formato e calidade por Grupo Anaya S.A., en exclusiva, en calquera das súas coleccións, en calquera idioma, especialmente en todos os oficiais de España, sexa nun só idioma ou en varios,  podendo realizarse as traducións que se estime, e  podendo publicar unha edición en cada idioma que estime, ou edicións en varios idiomas, coa máis ampla liberdade  en canto a tradución de textos,  podendo  publicarse no idioma orixinal e traducirse a outros ou outros ou de calquera outra forma de até 20.000 exemplares cada edición, coas reimpresións que teña convenientes até completar o máximo indicado, con plena liberdade  en canto a comercialización, promoción, venda e edición e en todo o mundo, durante un prazo de dez anos a contar desde o último día posíbel da comunicación do fallo de xurado.

A efectos de publicidade e promoción da edición e publicación en calquera modalidade de explotación permitida por este contrato Grupo Anaya, S.A. poderá utilizar para a mesma o nome e a imaxe dos autores da narracións, así como os  datos das narracións e dos autores a efectos que lle sexan necesarios para o desenvolvemento do seu labor editorial.

Os autores das narracións garanten o uso pacífico das obras cedidas, así como que non prexudican nin lesionan dereito algún de terceiros.  Aos autores das narracións publicadas enviaránselles 2 exemplares da publicación resultante.

Enténdense cedidos cantos dereitos de propiedade intelectual e industrial son necesarios para o cumprimento e  desenrolo/desenvolvemento das presentes bases.

Os beneficios resultantes da publicación  investiranse na organización e premios do seguinte concurso.

ACEPTACIÓN DA BASES

A participación no concurso leva implícita a aceptación expresa de todas  as condicións destas bases, incluída a edición e publicación, así como as decisións e o fallo do xurado,  todo sen necesidade de novos  requisitos.

DATOS de CARÁCTER PERSOAL

Os  datos de carácter persoal voluntariamente enviados ao concurso poderán ser tratados nos arquivos automatizados propiedade de:

- la Real Sociedad Matemática Española con domicilio en Universidad Complutense de Madrid, Facultad de Matemáticas, despacho 525, Avda. Complutense, s/n, 28040, Madrid,

- GRUPO Anaya S.A., (sociedad unipersonal) con  domicilio en C/ Juan Ignacio Luca de Tena, 15 28027 - Madrid,

de forma confidencial e coa exclusiva finalidade de cumprir con todos os  requisitos de participación,  control,  desenrolo, publicación na forma indicada e seguimento deste concurso, sen que  poidan, en ningún caso,  aplicalos ou  utilizalos  cun fin distinto, non os comunicarán a terceiras persoas, e adoptarán, sobre os  datos de carácter persoal as obrigas e medidas de  seguridade a que se refire a Lei 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de  Datos de carácter Persoal, así como o seu Regulamento aprobado polo Real Decreto 994/1999, de 11 de xuño, cumprindo igualmente coas especificacións contidas na Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI).

Os dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación poderán exercerse de acordo  co previsto na Lei 15/1999 e o seu Regulamento por correo certificado incluíndo copia do DNI, acompañando, ademais, no caso de menores, copia do DNI do pai,  nai ou titor/a  nos domicilios anteriormente indicados.

INFORMACIÓN

Para calquera información adicional, pódese contactar con Esta dirección electrónica esta protegida contra spambots. Es necesario activar Javascript para visualizarla ou consultar a páxina en Internet www.divulgamat.net

 
Volver