DivulgaMAT
Inicio - DivulgaMAT Facebook - DivulgaMAT Twitter - DivulgaMAT

Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego) - Newton (1642-1727)
PDF Imprimir Correo electrónico
Martes 01 de Enero de 2008
Índice del artículo
Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego)
Introdución
Equipo
Índice de la Exposición
Pitágoras (ca. 585-500 a.C)
Euclides (ca. 325-265 a.C.)
Arquímedes (ca. 287-212 a.C.)
Apolonio (ca. 262-190 a.C.)
Hipatia (¿?-415)
Al-Jwarizmi (s. IX)
Fibonacci (ca. 1175-1250)
Tartaglia y Cardano (ca. 1499-1557; 1501-1576)
Descartes (1596-1650)
Fermat (1601-1665)
Newton (1642-1727)
Leibniz (1646-1716)
Madame de Châtelet (1706-1749)
Euler (1707-1783)
Lagrange (1736-1813)
Sophie Germain (1776-1831)
Gauss (1777-1855)
Cauchy (1789-1857)
Abel (1802-1829)
Galois (1811-1832)
Riemann (1826-1866)
Sonia Kovaleskaia (1850-1891)
Poincaré (1854-1912)
Hilbert (1862-1943)
Emmy Noether (1882-1935)
Ventura Reyes Prosper (1863-1922)
Julio Rey Pastor (1888-1962)
Puig Adam (1900-1960)
Luís Santaló (1911-2001)
Miguel de Guzmán (1936-2004)
A Exposición nos Centros educativos
Todas las páginas

ISAAC NEWTON (1642 - 1727)

Newton

Newton estendeu o imperio de todas as ciencias mediante leis matemáticas que ensinaban a ler a natureza e o universo. Un consenso unánime sitúa ao sabio no cume da ciencia, como o máis grande entre os grandes.

Neno reflexivo e lector infatigable, que deseñaba enxeñosos xoguetes mecánicos e tomaba notas de canto observaba, Newton non tivo unha infancia feliz; creceu solitario, tímido e suspicaz e viviu sempre solteiro. Tivo que pagarse os estudos con servizos domésticos de porteiro e cociñeiro no colexio.

Con inxente capacidade de observación, concentración, reflexión, cálculo, estudo e traballo, Newton adquire unha sólida formación científica en múltiples teorías de Química, Física, Óptica, Matemática, … ás que en idade precoz xa dará un impulso definitivo– que iniciaran científicos anteriores, a quen considera xigantes sobre cuxos ombreiros se levantará para buscar un fío condutor e un programa que transforma os froitos da época na síntese coherente de grandes teorías unitarias. Así xorde a Gravitación Universal dos Principia –talvez o máis importante texto científico–, integración orgánica e ordenación matemática das doutrinas de Copérnico, Kepler e Galileo, baixo as tres leis fundamentais da dinámica que unifican as leis do movemento terrestre e celeste. Así aluma tamén o Cálculo Infinitesimal, separando a ganga xeométrica dos casos particulares de problemas de áreas e tanxentes dos grandes matemáticos (Arquímedes, Fermat, Pascal, Wallis, Barrow,…) para atopar o principio xeral e destilar un algoritmo de validez universal.

O Cálculo de Newton ten unha orientación cinemática; fluente é a cantidade que varía co tempo e fluxión a velocidade de cambio, e utiliza as series infinitas para estender o cálculo fluxional por derivación termo a termo. Na Integración, substitúe a concepción secular da área como suma infinita de infinitesimais pola razón de cambio da área respecto da abscisa, e calcula a área por antiderivación, sinalando, por vez primeira, o carácter inverso de cuadraturas e tanxentes.

Newton foi honrado con numerosas honras: presidente da Royal Society, membro do Parlamento Británico e Director da Casa da Moeda. Foi enterrado na abadía de Westminster entre os máis insignes personaxes ingleses.

--------------------------------------

Fragmento de la famosa Epistola Posterior

Fragmento da famosa Epistola Posterior (27/08/1676) que Newton escribe a Leibniz a través de Oldemburg, onde describe –inspirado na interpolación de Wallis– os pasos que lle conduciron ao descubrimento do seu primeiro resultado importante, a serie binomial, xeneralización a expoñentes fraccionarios do desenvolvemento do binomio (xa coñecido por Tartaglia, Cardano e Pascal), un instrumento algorítmico inseparable das súas investigacións sobre Cálculo Infinitesimal.



 

© Real Sociedad Matemática Española. Aviso legal. Desarrollo web