DivulgaMAT
Inicio - DivulgaMAT Facebook - DivulgaMAT Twitter - DivulgaMAT

Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego) - Cauchy (1789-1857)
PDF Imprimir Correo electrónico
Martes 01 de Enero de 2008
Índice del artículo
Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego)
Introdución
Equipo
Índice de la Exposición
Pitágoras (ca. 585-500 a.C)
Euclides (ca. 325-265 a.C.)
Arquímedes (ca. 287-212 a.C.)
Apolonio (ca. 262-190 a.C.)
Hipatia (¿?-415)
Al-Jwarizmi (s. IX)
Fibonacci (ca. 1175-1250)
Tartaglia y Cardano (ca. 1499-1557; 1501-1576)
Descartes (1596-1650)
Fermat (1601-1665)
Newton (1642-1727)
Leibniz (1646-1716)
Madame de Châtelet (1706-1749)
Euler (1707-1783)
Lagrange (1736-1813)
Sophie Germain (1776-1831)
Gauss (1777-1855)
Cauchy (1789-1857)
Abel (1802-1829)
Galois (1811-1832)
Riemann (1826-1866)
Sonia Kovaleskaia (1850-1891)
Poincaré (1854-1912)
Hilbert (1862-1943)
Emmy Noether (1882-1935)
Ventura Reyes Prosper (1863-1922)
Julio Rey Pastor (1888-1962)
Puig Adam (1900-1960)
Luís Santaló (1911-2001)
Miguel de Guzmán (1936-2004)
A Exposición nos Centros educativos
Todas las páginas

AGUSTIN-LOUIS CAUCHY (1789 - 1857)

Cauchy

Nace en París co inicio da Revolución Francesa. Desde moi novo interésase polas Matemáticas, pero recibe previamente unha formación humanística (Laplace recomendaría que non se lle permitise antes abrir un libro de matemáticas nin escribir un simple número). Estuda enxeñería de camiños, aínda que traballa pouco tempo como enxeñeiro, pois a súa auténtica vocación son as Matemáticas (xa aos 17 anos resolvería importantes problemas xeométricos).

É católico acérrimo e firme partidario dos Borbóns, e en 1816 noméaselle membro da Academia de Ciencias de París ao ser expulsados dela os académicos republicanos. Dá clases nos centros científicos máis prestixiosos de París, pero en 1830, fiel ás súas crenzas, négase a prestar xuramento a L. Felipe de Orleáns, e exíliase ata 1838. Cando Carlos X volve ao poder, Cauchy é nomeado barón, e incorpórase aos seus anteriores postos. De saúde delicada, ideas conservadoras e non moi solidario, morre en Sceaux, tras recibir a unción de enfermos do Cardeal de París.

Cauchy é un matemático profundamente innovador. Fundamenta a análise sobre o concepto de límite, a partir do cal establece os de derivada, diferencial, integral definida –como o límite dunha suma–...; investiga a converxencia de sucesións e series…

A el débense os teoremas de existencia e unicidade das ecuacións diferenciais e en derivadas parciais segundo as súas condicións iniciais, aínda que o máis sobresaínte é a súa Teoría de Funcións de Variable Complexa. Ademais, fai achegas a case todos os campos da Matemática (Determinantes, Grupos de Permutacións, Teoría de Números, Xeometría...) e a algúns da Física (Elasticidade, Ondas, Dispersión e Polarización da Luz...).

É, detrás de Euler, o matemático máis prolífico, con ao redor de 800 traballos (o seu afán por producir máis que ninguén lle levou ata a publicar dúas veces, por erro, un mesmo artigo). Gran Premio da Academia Francesa e excelente profesor –acudían a escoitarlle de toda Europa–, Cauchy encarna o rigor matemático do século XIX. Moi rigoroso en Matemáticas... pero non tanto noutros aspectos. Afeccionado a coleccionar reloxos, ás veces foi enganado con falsificacións.

--------------------------------------

Integral de Cauchy

Integral de Cauchy



 

© Real Sociedad Matemática Española. Aviso legal. Desarrollo web