DivulgaMAT
Inicio - DivulgaMAT Facebook - DivulgaMAT Twitter - DivulgaMAT

Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego) - Ventura Reyes Prosper (1863-1922)
PDF Imprimir Correo electrónico
Martes 01 de Enero de 2008
Índice del artículo
Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego)
Introdución
Equipo
Índice de la Exposición
Pitágoras (ca. 585-500 a.C)
Euclides (ca. 325-265 a.C.)
Arquímedes (ca. 287-212 a.C.)
Apolonio (ca. 262-190 a.C.)
Hipatia (¿?-415)
Al-Jwarizmi (s. IX)
Fibonacci (ca. 1175-1250)
Tartaglia y Cardano (ca. 1499-1557; 1501-1576)
Descartes (1596-1650)
Fermat (1601-1665)
Newton (1642-1727)
Leibniz (1646-1716)
Madame de Châtelet (1706-1749)
Euler (1707-1783)
Lagrange (1736-1813)
Sophie Germain (1776-1831)
Gauss (1777-1855)
Cauchy (1789-1857)
Abel (1802-1829)
Galois (1811-1832)
Riemann (1826-1866)
Sonia Kovaleskaia (1850-1891)
Poincaré (1854-1912)
Hilbert (1862-1943)
Emmy Noether (1882-1935)
Ventura Reyes Prosper (1863-1922)
Julio Rey Pastor (1888-1962)
Puig Adam (1900-1960)
Luís Santaló (1911-2001)
Miguel de Guzmán (1936-2004)
A Exposición nos Centros educativos
Todas las páginas

VENTURA REYES PRÓSPER (1863 - 1922)

VENTURA REYES PRÓSPER

Ventura Reyes Prósper naceu en Castuera (Badaxoz). Estudou o Bacharelato en Murcia e a carreira de Ciencias Naturais na Universidade de Madrid. Doutorouse en 1885 coa tese titulada "Catálogo de las aves de España, Portugal e Islas Baleares".

En compañía do seu irmán Eduardo viaxou a Alemaña onde coñeceu aos matemáticos Félix Klein e F. Lindemann.

Dotado dunha gran facilidade para os idiomas (Reyes Prósper expresábase con fluidez en francés, inglés, alemán e italiano, e tiña sólidos coñecementos de latín, grego, ruso, sueco e noruegués), puido ler de primeira man os traballos publicados polos investigadores punteiros da súa época.

Don Ventura, home bondadoso e caritativo, foi catedrático de Historia Natural no Instituto Provincial de Teruel, de Matemáticas no Instituto de Segundo Ensino de Albacete, de Física nos Institutos de Xaén e Cuenca, de Física e Química e de Matemáticas no Instituto de Toledo. Nesta cidade, onde morreu, tamén impartiu clases aos reclusos.

A súa actividade científica desenvolveuse en diferentes parcelas. No campo das Matemáticas ocupouse de dúas ramas relativamente novas en España: a lóxica matemática e a xeometría non euclidiana. Reyes Prósper non se dedicou a redactar manuais senón que escribiu notas sobre problemas concretos ou artigos sobre novas teorías descoñecidas polos seus compatriotas. Foi o primeiro matemático español que publicou en revistas estranxeiras (a prestixiosa revista alemá Matematische Annalen).

Na vertente pedagóxica, D. Ventura foi partidario de introducir a ciencia moderna desde o ensino secundario. No programa de Matemáticas para as oposicións a Instituto presentado o 27 de agosto de 1888 dicía:

"No presente programa procuro introducir aquelas modificacións que no estranxeiro, en Francia, Italia, Inglaterra, Rusia e Alemaña especialmente, son xa vulgares. Non en balde os sabios traballan no acrecentamento da Ciencia. É mester ensinar os novos descubrimentos. Procurei ser extremadamente conciso nas cuestións sinxelas, pois é probado que en pouquísimo tempo poden aprenderse".

--------------------------------------

A suma dos ángulos dun triángulo (dependendo da xeometría do espazo) vale…


… 180 grados
geometría euclídea
xeometría euclídea

… > 180 grados
geometría esférica (o elíptica)
xeometría esférica (ou elíptica)

…< 180 grados
geometría hiperbólica
xeometría hiperbólica



 

© Real Sociedad Matemática Española. Aviso legal. Desarrollo web