DivulgaMAT
Inicio - DivulgaMAT Facebook - DivulgaMAT Twitter - DivulgaMAT

Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego) - Julio Rey Pastor (1888-1962)
PDF Imprimir Correo electrónico
Martes 01 de Enero de 2008
Índice del artículo
Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego)
Introdución
Equipo
Índice de la Exposición
Pitágoras (ca. 585-500 a.C)
Euclides (ca. 325-265 a.C.)
Arquímedes (ca. 287-212 a.C.)
Apolonio (ca. 262-190 a.C.)
Hipatia (¿?-415)
Al-Jwarizmi (s. IX)
Fibonacci (ca. 1175-1250)
Tartaglia y Cardano (ca. 1499-1557; 1501-1576)
Descartes (1596-1650)
Fermat (1601-1665)
Newton (1642-1727)
Leibniz (1646-1716)
Madame de Châtelet (1706-1749)
Euler (1707-1783)
Lagrange (1736-1813)
Sophie Germain (1776-1831)
Gauss (1777-1855)
Cauchy (1789-1857)
Abel (1802-1829)
Galois (1811-1832)
Riemann (1826-1866)
Sonia Kovaleskaia (1850-1891)
Poincaré (1854-1912)
Hilbert (1862-1943)
Emmy Noether (1882-1935)
Ventura Reyes Prosper (1863-1922)
Julio Rey Pastor (1888-1962)
Puig Adam (1900-1960)
Luís Santaló (1911-2001)
Miguel de Guzmán (1936-2004)
A Exposición nos Centros educativos
Todas las páginas

JULIO REY PASTOR (1888 - 1962)

Rey Pastor

Nace en Logroño e falece en Bos Aires. Suspende o ingreso á Academia militar e estuda Ciencias Exactas en Zaragoza. Fai o doutoramento en Madrid sobre Xeometría Proxectiva e participa vivamente na creación da Sociedade Matemática Española (1911), da que é secretario.

Catedrático de Análise Matemática en Oviedo (1911) e Madrid (1913), segue a súa formación en Alemaña. En 1915 funda o Laboratorio y Seminario Matemático, orixe da nosa mellor investigación matemática.
A Institución Cultural Española invítalle a ir a Bos Aires, e o seu maxisterio cultiva un gran éxito. Ao marchar, desaparece a Revista de la Sociedad Matemática Española, e ao volver funda a Revista Hispano-Americana.

Tras outras viaxes, fixa a súa residencia en Arxentina e xoga un papel capital na modernización da súa matemática. Alterna logo a súa actividade con Madrid, salvo de 1936 a 1947 en que permanece en Arxentina, e axuda a instalarse a matemáticos exiliados españois.

Investiga en Xeometría e logo en Análise, aínda que a súa gran produción científica, con 80 libros e máis de 300 artigos, abarca todos os campos da Matemática, algo de Física Matemática, Filosofía e Historia da Ciencia e Educación Matemática. Con todo, a súa obra escrita seica sexa superada pola calidade e paixón das súas clases e conferencias.

É o líder e forxador de escola en España, Arxentina e outros países latinoamericanos. No entanto, a súa creación matemática puido resentirse do seu labor como mestre (a matemática española necesitaba máis que un virtuoso solista, un gran director de orquestra).

Académico de Ciencias e da Lingua, presidente da Sociedade Matemática Española, director do Instituto Jorge Juan (CSIC)…; foi o mellor matemático español da primeira metade do século XX.

Irascible e crítico coa nosa situación de atraso, foi con todo moi desprendido (chegou a sufragar gastos da Sociedade Matemática e da Revista) e xeneroso cos seus discípulos. Logrou un notable avance en toda a Matemática de fala hispana, e foi un dos artífices do renacer de España.

--------------------------------------

Os seus manuais universitarios supoñen unha auténtica renovación no ensino matemático superior. Aquí móstranse os tres que posiblemente teñan maior repercusión.

portada libro
portada libro
portada libro


 

© Real Sociedad Matemática Española. Aviso legal. Desarrollo web