DivulgaMAT
Inicio - DivulgaMAT Facebook - DivulgaMAT Twitter - DivulgaMAT

Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego) - Puig Adam (1900-1960)
PDF Imprimir Correo electrónico
Martes 01 de Enero de 2008
Índice del artículo
Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego)
Introdución
Equipo
Índice de la Exposición
Pitágoras (ca. 585-500 a.C)
Euclides (ca. 325-265 a.C.)
Arquímedes (ca. 287-212 a.C.)
Apolonio (ca. 262-190 a.C.)
Hipatia (¿?-415)
Al-Jwarizmi (s. IX)
Fibonacci (ca. 1175-1250)
Tartaglia y Cardano (ca. 1499-1557; 1501-1576)
Descartes (1596-1650)
Fermat (1601-1665)
Newton (1642-1727)
Leibniz (1646-1716)
Madame de Châtelet (1706-1749)
Euler (1707-1783)
Lagrange (1736-1813)
Sophie Germain (1776-1831)
Gauss (1777-1855)
Cauchy (1789-1857)
Abel (1802-1829)
Galois (1811-1832)
Riemann (1826-1866)
Sonia Kovaleskaia (1850-1891)
Poincaré (1854-1912)
Hilbert (1862-1943)
Emmy Noether (1882-1935)
Ventura Reyes Prosper (1863-1922)
Julio Rey Pastor (1888-1962)
Puig Adam (1900-1960)
Luís Santaló (1911-2001)
Miguel de Guzmán (1936-2004)
A Exposición nos Centros educativos
Todas las páginas

PEDRO PUIG ADAM (1900 - 1960)

Puig Adam

Nace en Barcelona no seo dunha familia fondamente catalá. Licenciado e doutor en Ciencias Exactas, aos 25 anos é catedrático de Matemáticas do Instituto San Isidro de Madrid. Logo termina a carreira de Enxeñería Industrial, que iniciara antes.

É tamén catedrático de Extensión de Cálculo na Escola de Enxeñeiros Industriais de Madrid e desempeña a cátedra de Metodoloxía da súa universidade. Así mesmo, forma parte do grupo encargado da formación educativa de D. Juan Carlos I.

É un home polifacético que ademais escribe versos, pinta e compón música. Académico de Ciencias, Gran Cruz de Afonso X o Sabio…, Puig Adam dá nome a unha sociedade de profesores de matemáticas, unha Medalla de recoñecemento a enxeñeiros ilustres…

Desde a súa formación científica e técnica adquire unha dobre visión da Matemática: pura e aplicada. Na primeira, destacan os seus traballos relativos a fraccións continuas de coeficientes incompletos diferenciais. E como matemático aplicado, aborda a estabilidade do movemento das pas do autoxiro (problema que lle propón Juan de la Cierva), o tratamento matemático de distintos fenómenos físicos, Mecánica relativista, Cibernética; inventa un enxeño eléctrico para a resolución de problemas de lóxica formal…

Aínda que o máis importante son as súas achegas á Pedagoxía Matemática, onde propicia unha reforma dos métodos de ensino. Son especialmente destacables o seu Decálogo de la didáctica matemática media, a súa metodoloxía esencialmente activa e heurística, os seus materiais, os renovadores libros de texto escritos con Rey Pastor, os seus manuais universitarios… É membro da Comisión Internacional para o estudo e mellora do Ensino Matemático e, en España, encárgaselle a reforma da Matemática no bacharelato.

Puig Adam, ser de gran humanidade, no que se conxugan aspectos moi diversos dunha desbordante personalidade: matemático, enxeñeiro, pedagogo e artista, é un adiantado do seu tempo e, posiblemente, o mellor didacta da matemática español.

--------------------------------------

esquema

Sobre o ensino: Ensinar ben non é transmitir ben, senón saber guiar ao alumno é a súa acción de aprendizaxe.



 

© Real Sociedad Matemática Española. Aviso legal. Desarrollo web