DivulgaMAT
Inicio - DivulgaMAT Facebook - DivulgaMAT Twitter - DivulgaMAT

Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego) - Pitágoras (ca. 585-500 a.C)
PDF Imprimir Correo electrónico
Martes 01 de Enero de 2008
Índice del artículo
Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego)
Introdución
Equipo
Índice de la Exposición
Pitágoras (ca. 585-500 a.C)
Euclides (ca. 325-265 a.C.)
Arquímedes (ca. 287-212 a.C.)
Apolonio (ca. 262-190 a.C.)
Hipatia (¿?-415)
Al-Jwarizmi (s. IX)
Fibonacci (ca. 1175-1250)
Tartaglia y Cardano (ca. 1499-1557; 1501-1576)
Descartes (1596-1650)
Fermat (1601-1665)
Newton (1642-1727)
Leibniz (1646-1716)
Madame de Châtelet (1706-1749)
Euler (1707-1783)
Lagrange (1736-1813)
Sophie Germain (1776-1831)
Gauss (1777-1855)
Cauchy (1789-1857)
Abel (1802-1829)
Galois (1811-1832)
Riemann (1826-1866)
Sonia Kovaleskaia (1850-1891)
Poincaré (1854-1912)
Hilbert (1862-1943)
Emmy Noether (1882-1935)
Ventura Reyes Prosper (1863-1922)
Julio Rey Pastor (1888-1962)
Puig Adam (1900-1960)
Luís Santaló (1911-2001)
Miguel de Guzmán (1936-2004)
A Exposición nos Centros educativos
Todas las páginas

PITÁGORAS (c.a. 585 - 500 a.C.)

Pitágoras

Pitágoras é o matemático máis coñecido e un personaxe moi soado e apaixonante na historia das ideas. Filósofo, matemático, sabio, investigador, naturalista, aventureiro, místico, teólogo, profeta, pero ante todo mestre. Ademais de ser o principal responsable da orixe en Grecia da Matemática racional a través da demostración, Pitágoras é indutor de boa parte dos elementos culturais que ao longo do tempo forxaron o pensamento. Como reitor dunha comunidade que facía da paixón polo coñecemento o móbil principal da existencia e sentido da vida, Pitágoras cuñou os termos Filosofía ("amor á sabedoría") e Matemática ("o que se coñece, o que se aprende") para describir unha actividade intelectual que vinculaba armoniosamente Ciencia, Filosofía, Matemática, Música e Cosmoloxía.

A frase pitagórica "o número é a esencia de todas as cousas" é o antecedente de "a natureza está escrita con caracteres matemáticos" de Galileo e o fundamento filosófico-aritmético da dixitalización informática actual.

Pitágoras descubriu de forma empírica a base aritmética da Música e ideou a primixenia cosmoloxía non xeocéntrica. Realizou a primeira clasificación dos números e estudou os números perfectos, amigos e poligonais. En xeometría atribúenselle moitos dos teoremas elementais escolares sobre triángulos, polígonos, poliedros, rectas paralelas, círculos, esferas, sección áurea, etc., resultados que nutren unha gran parte dos Elementos de Euclides.

Pero sen dúbida o máis famoso é o chamado Teorema de Pitágoras, a relación matemática que máis recordamos da escola; a máis importante, útil e popular; a fonte de multitude de relacións métricas, a que máis nomes e probas recibiu, a de maior valor práctico, teórico e didáctico.

Como filósofo do número, Pitágoras realiza o milagre grego en Matemáticas, crea as raíces da Filosofía e da Matemática e sitúase no limiar do pensamento racional como berce do saber e do coñecemento.

--------------------------------------

Unha demostración do Teorema de Pitágoras.

demostración Pitágoras



 

© Real Sociedad Matemática Española. Aviso legal. Desarrollo web