DivulgaMAT
Inicio - DivulgaMAT Facebook - DivulgaMAT Twitter - DivulgaMAT

Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego) - Arquímedes (ca. 287-212 a.C.)
PDF Imprimir Correo electrónico
Martes 01 de Enero de 2008
Índice del artículo
Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego)
Introdución
Equipo
Índice de la Exposición
Pitágoras (ca. 585-500 a.C)
Euclides (ca. 325-265 a.C.)
Arquímedes (ca. 287-212 a.C.)
Apolonio (ca. 262-190 a.C.)
Hipatia (¿?-415)
Al-Jwarizmi (s. IX)
Fibonacci (ca. 1175-1250)
Tartaglia y Cardano (ca. 1499-1557; 1501-1576)
Descartes (1596-1650)
Fermat (1601-1665)
Newton (1642-1727)
Leibniz (1646-1716)
Madame de Châtelet (1706-1749)
Euler (1707-1783)
Lagrange (1736-1813)
Sophie Germain (1776-1831)
Gauss (1777-1855)
Cauchy (1789-1857)
Abel (1802-1829)
Galois (1811-1832)
Riemann (1826-1866)
Sonia Kovaleskaia (1850-1891)
Poincaré (1854-1912)
Hilbert (1862-1943)
Emmy Noether (1882-1935)
Ventura Reyes Prosper (1863-1922)
Julio Rey Pastor (1888-1962)
Puig Adam (1900-1960)
Luís Santaló (1911-2001)
Miguel de Guzmán (1936-2004)
A Exposición nos Centros educativos
Todas las páginas

ARQUÍMEDES  (ca. 287 - 212 a.C.)

ARQUÍMEDES

Arquímedes é un dos sabios máis eminentes e o primeiro enxeñeiro da antigüidade. Unha extensa tradición histórico-literaria, entre a lírica e a épica, describe a súa inefable imaxinación como artífice de numerosos inventos e máquinas, ao servizo da comunidade, que segundo a fantasía popular desafiaban as leis da natureza, e entre eles os enxeños militares (pancas, poleas, catapultas, engrenaxes, espellos ustorios,…), aplicados na defensa de Siracusa na que o sabio entregou a súa vida a un soldado romano mentres ensimesmado resolvía un problema xeométrico.

Arquímedes asóciase aos Principios da Estática e a Hidrostática, coas famosas anécdotas "dádeme un punto de apoio e levantarei o mundo" e o "Eureka" ("atopeino") berro co que o sabio sae espido dunha bañeira cara á súa casa entusiasmado por descubrir o principio.

En Matemáticas recoñéceselle como o máis orixinal e fecundo xeómetra grego, ao magnificar de forma colosal a Matemática dos Elementos de Euclides e conxugar á perfección a intuición do descubrimento co virtuosismo da demostración. Xa que o seu método mecánico de investigación apunta cara aos infinitesimais das cuadraturas do século XVII que conducen ao Cálculo de Newton e Leibniz, mentres que o seu método demostrativo de exhaución apunta cara á aritmética dos límites que fundamenta a Análise moderna no século XIX, a conxunción de ambos os métodos, un heurístico e empírico, outro rigoroso e apodíctico, sitúa a Arquímedes nas orixes do Cálculo Integral.

O legado de Arquímedes cargado de xenio e enxeño, cun estilo singular que aúna Xeometría e Mecánica, Ciencia e Técnica, emerxe no Renacemento como matriz da nova ciencia. A súa fabulosa obra, pródiga en resultados asombrosos e modelo de rigor, inicia unha concepción matemático experimental, raíz da tradición científica da Filosofía Natural (e a ulterior Física Matemática), que retomada por Leonardo, Galileo e Newton, funda as bases da revolución científica do século XVII creando un sólido punto de partida para a nova Física e o Cálculo Infinitesimal.

Arquímedes é o primeiro dos egrexios titáns sobre cuxo fértil espírito alzáronse outros xigantes para albiscar a senda cara ao soberbio progreso científico e tecnolóxico da modernidade.

--------------------------------------

Os volumes dun cono, unha semiesfera e un cilindro da mesma altura e radio están na razón 1: 2: 3 (Arquímedes: Sobre la Esfera y el Cilindro, I.34, Corolario).

volúmenes



 

© Real Sociedad Matemática Española. Aviso legal. Desarrollo web