DivulgaMAT
Inicio - DivulgaMAT Facebook - DivulgaMAT Twitter - DivulgaMAT

Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego) - Hipatia (¿?-415)
PDF Imprimir Correo electrónico
Martes 01 de Enero de 2008
Índice del artículo
Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego)
Introdución
Equipo
Índice de la Exposición
Pitágoras (ca. 585-500 a.C)
Euclides (ca. 325-265 a.C.)
Arquímedes (ca. 287-212 a.C.)
Apolonio (ca. 262-190 a.C.)
Hipatia (¿?-415)
Al-Jwarizmi (s. IX)
Fibonacci (ca. 1175-1250)
Tartaglia y Cardano (ca. 1499-1557; 1501-1576)
Descartes (1596-1650)
Fermat (1601-1665)
Newton (1642-1727)
Leibniz (1646-1716)
Madame de Châtelet (1706-1749)
Euler (1707-1783)
Lagrange (1736-1813)
Sophie Germain (1776-1831)
Gauss (1777-1855)
Cauchy (1789-1857)
Abel (1802-1829)
Galois (1811-1832)
Riemann (1826-1866)
Sonia Kovaleskaia (1850-1891)
Poincaré (1854-1912)
Hilbert (1862-1943)
Emmy Noether (1882-1935)
Ventura Reyes Prosper (1863-1922)
Julio Rey Pastor (1888-1962)
Puig Adam (1900-1960)
Luís Santaló (1911-2001)
Miguel de Guzmán (1936-2004)
A Exposición nos Centros educativos
Todas las páginas

HIPATIA (¿? - 415)

Hipatia

O nome de Hipatia significa a máis grande. A lenda de Hipatia de Alexandría móstranos a unha moza, virxe e bela, matemática e filósofa, cuxa morte violenta marca un punto de inflexión entre a cultura do razoamento grego e o escurantismo do mundo medieval.

Como ocorre con todas as biografías dos matemáticos (e matemáticas) da antigüidade, sábese pouco da súa vida, e da súa obra coñécese só unha pequena parte. Non se coñece cando naceu Hipatia pero se sabe que morreu en marzo do 415. Viviu durante a época do Imperio Romano en Alexandría, aínda que pola súa formación podemos considerar que era grega, pola localización de Alexandría, exipcia e pola época, romana.

O pai de Hipatia, Teón, foi tamén un ilustre matemático que supervisou a educación da súa filla e, cun espírito especialmente aberto para a súa época, permitiu que desenvolvese os seus dotes excepcionais e convertésese nunha astrónoma, filósofa e matemática.

O dato mellor coñecido na vida de Hipatia é a súa morte. Na coresma, en marzo do 415 foi asasinada. Un grupo de cristiáns, exaltados, atopárona no centro de Alexandría, "arrincárona do seu carruaxe; deixárona totalmente espida; lle tallaron a pel e as carnes, ata que o alento deixou o seu corpo; descortizaron o seu corpo...". Os asasinos de Hipatia non foron castigados.

Pero esta notoriedade debida á súa tráxica morte, fixo que se perdan de vista os seus logros intelectuais e a súa auténtica biografía. Ensinou Matemáticas, Astronomía e Filosofía. Foi recordada como unha gran mestra e admirada pola magnitude dos seus coñecementos.

Dela díxose: "Foi a última científica pagá do mundo antigo, e a súa morte coincidiu cos últimos anos do Imperio romano" e "chegou a simbolizar o fin da ciencia antiga".

Comentou as grandes obras da matemática grega como: a Aritmética de Diofanto, (considérase que é a máis antiga das copias que se conservan), Las Cónicas de Apolonio, o libro III do Almagesto de Tolomeo, probablemente comentase xunto ao seu pai, os Elementos de Euclides e o resto do Almagesto. Escribiu un traballo titulado El Canón Astronómico. Construíu instrumentos científicos como o astrolabio e o hidroscopio.

--------------------------------------

Imaxe dun astrolabio (duas caras).

astrolabio



 

© Real Sociedad Matemática Española. Aviso legal. Desarrollo web