DivulgaMAT
Inicio - DivulgaMAT Facebook - DivulgaMAT Twitter - DivulgaMAT

Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego) - Descartes (1596-1650)
PDF Imprimir Correo electrónico
Martes 01 de Enero de 2008
Índice del artículo
Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego)
Introdución
Equipo
Índice de la Exposición
Pitágoras (ca. 585-500 a.C)
Euclides (ca. 325-265 a.C.)
Arquímedes (ca. 287-212 a.C.)
Apolonio (ca. 262-190 a.C.)
Hipatia (¿?-415)
Al-Jwarizmi (s. IX)
Fibonacci (ca. 1175-1250)
Tartaglia y Cardano (ca. 1499-1557; 1501-1576)
Descartes (1596-1650)
Fermat (1601-1665)
Newton (1642-1727)
Leibniz (1646-1716)
Madame de Châtelet (1706-1749)
Euler (1707-1783)
Lagrange (1736-1813)
Sophie Germain (1776-1831)
Gauss (1777-1855)
Cauchy (1789-1857)
Abel (1802-1829)
Galois (1811-1832)
Riemann (1826-1866)
Sonia Kovaleskaia (1850-1891)
Poincaré (1854-1912)
Hilbert (1862-1943)
Emmy Noether (1882-1935)
Ventura Reyes Prosper (1863-1922)
Julio Rey Pastor (1888-1962)
Puig Adam (1900-1960)
Luís Santaló (1911-2001)
Miguel de Guzmán (1936-2004)
A Exposición nos Centros educativos
Todas las páginas

RENÉ DESCARTES (1596 - 1650)

Descartes

René Descartes, o pai da Xeometría Analítica, naceu o 31 de marzo na localidade francesa de La Haye (hoxe Descartes, preto de Tours) e morreu o 11 de febreiro en Estocolmo. A súa familia posuía unha fortuna considerable que lle permitiu levar unha vida desafogada.

Aos vinte anos obtivo o Bacharelato e a Licenciatura en Leis. Desde os vinte e un anos ata os vinte e nove Descartes dedicouse a viaxar por Europa, alistándose nos exércitos de Mauricio Nassau e Maximiliano V de Baviera. Nesta época estudou Matemáticas e Física baixo a dirección do científico holandés Isaak Beeckman (1588-1637), alumno do matemático, enxeñeiro, musicólogo e politólogo belga Simon Stevin (1548-1620).

En 1625 regresou a Francia e, en París, pertenceu ao círculo científico do pai Marín Mersenne (1588-1648), antigo compañeiro no colexio xesuíta de La Flêche. Durante a súa estancia parisiense René levou unha vida pouco recomendable, dominada polo xogo, ata que se retirou á súa casa de Saint Germain e empezou un intenso traballo en Filosofía, Física e Matemáticas. En 1628 emigrou a Holanda onde permaneceu durante case vinte anos. En 1649 aceptou a invitación da raíña Cristina de Suecia e viaxou a Estocolmo.

Os coñecementos de Descartes foron enciclopédicos dado que, ademais da Filosofía, Física e Matemáticas, cultivou a Óptica, Química, Música, Mecánica, Anatomía, Embrioloxía, Medicina, Astronomía e Meteoroloxía. En matemáticas a súa obra capital foi La Géométrie que se publicou en 1637 como apéndice do seu famoso Discurso del Método. Nela sentou as bases da Xeometría Analítica, disciplina na que, aplicando a álxebra ao estudo da xeometría, calquera liña curva pódese expresar mediante unha ecuación.

Cóntase que a idea desta nova xeometría xurdiulle cando, contemplando o movemento dunha mosca no teito da súa habitación, pensou que a traxectoria do insecto podíase describir en función da súa distancia ás paredes adxacentes.

Con Descartes iniciouse a práctica de usar as últimas letras do alfabeto para as incógnitas e as primeiras para os parámetros. Ao mesmo tempo, o autor do Discurso del Método, afixo igualar a cero o primeiro membro de calquera ecuación.

--------------------------------------

Descrición alxébrica dunha curva.

Descripción algebraica de una curva



 

© Real Sociedad Matemática Española. Aviso legal. Desarrollo web