DivulgaMAT
Inicio - DivulgaMAT Facebook - DivulgaMAT Twitter - DivulgaMAT

Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego) - Gauss (1777-1855)
PDF Imprimir Correo electrónico
Martes 01 de Enero de 2008
Índice del artículo
Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego)
Introdución
Equipo
Índice de la Exposición
Pitágoras (ca. 585-500 a.C)
Euclides (ca. 325-265 a.C.)
Arquímedes (ca. 287-212 a.C.)
Apolonio (ca. 262-190 a.C.)
Hipatia (¿?-415)
Al-Jwarizmi (s. IX)
Fibonacci (ca. 1175-1250)
Tartaglia y Cardano (ca. 1499-1557; 1501-1576)
Descartes (1596-1650)
Fermat (1601-1665)
Newton (1642-1727)
Leibniz (1646-1716)
Madame de Châtelet (1706-1749)
Euler (1707-1783)
Lagrange (1736-1813)
Sophie Germain (1776-1831)
Gauss (1777-1855)
Cauchy (1789-1857)
Abel (1802-1829)
Galois (1811-1832)
Riemann (1826-1866)
Sonia Kovaleskaia (1850-1891)
Poincaré (1854-1912)
Hilbert (1862-1943)
Emmy Noether (1882-1935)
Ventura Reyes Prosper (1863-1922)
Julio Rey Pastor (1888-1962)
Puig Adam (1900-1960)
Luís Santaló (1911-2001)
Miguel de Guzmán (1936-2004)
A Exposición nos Centros educativos
Todas las páginas

CARL FRIEDRICH GAUSS (1777 - 1855)

Gauss

Naceu en Braunschweig (Alemaña), era fillo dunha familia humilde. Desde moi pequeno manifestou á vez os seus dotes matemáticos. Grazas ao seu xenio precoz logrou a protección do Duque Wilhelm Ferdinand o que lle permitiu realizar os seus estudos. En 1795 comeza os seus estudos de matemáticas na Universidade de Gotinga.

En 1796 demostra que o heptadecágono, o polígono regular de 17 lados, pódese construír con regra e compás, resolvendo de paso o problema clásico de que polígonos regulares poden construírse con regra e compás. A partir dese momento comeza a levar o seu Diario científico onde ao longo de moitos anos anotará os seus resultados máis importantes. Entre os 19 e os 21 anos escribiu a súa obra mestra Disquisitiones arithmeticae, publicado en 1801, que converteu a Teoría de Números, a Aritmética superior, nunha ciencia unificada e sistemática.

En 1801, utilizando o seu método de mínimos cadrados vai fixar a órbita de Ceres a partir das poucas observacións de Piazzi. En 1807 obtivo a cátedra de Astronomía na Universidade de Gotinga e a dirección do seu observatorio astronómico, permanecendo neses cargos ata o final da súa vida.

As achegas de Gauss na Matemática foron extraordinariamente amplas e en todas as ramas que traballou deixou unha pegada indeleble. Realizou investigacións en Álxebra, en 1799 realizou a primeira demostración do Teorema Fundamental da Álxebra, en Teoría de Números, Xeometría Diferencial (1827, Disquisitiones generales circa superficies curvas), Xeometría non Euclídea, Análise Matemática, Xeodesia (triangulación de Hannover), Astronomía Teórica (Theoria motus corporum coelestium), Teoría da Electricidade e o Magnetismo (Allgemeine Theorie Erdmagnetismus, 1839).

Logo da súa morte, por iniciativa do Rei de Hannover, cuñáronse moedas nas que se cualificaba a Gauss como Princeps mathematicorum (Príncipe dos matemáticos), apelativo que ata hoxe permanece vinculado ao seu nome. Como cita Sartorius von Waltershausen: "Gauss foi sinxelo e sen afectación desde a súa mocidade ata o día da súa morte. Un pequeno estudo, unha mesiña de traballo cun tapete verde, un pupitre pintado de branco, un estreito sofá, e, logo de cumprir os 70 anos, unha cadeira de brazos, unha lámpada con pantalla, unha alcoba fresca, alimentos sinxelos, unha bata e un gorro de veludo eran todas as súas necesidades".

--------------------------------------

A campá de Gauss.

campana de Gauss

Gauss é o pai da moderna teoría de erros.

Descubriu que a función de distribución dos erros és , a soada campá de Gauss.



 

© Real Sociedad Matemática Española. Aviso legal. Desarrollo web