DivulgaMAT
Inicio - DivulgaMAT Facebook - DivulgaMAT Twitter - DivulgaMAT

Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego) - Poincaré (1854-1912)
PDF Imprimir Correo electrónico
Martes 01 de Enero de 2008
Índice del artículo
Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego)
Introdución
Equipo
Índice de la Exposición
Pitágoras (ca. 585-500 a.C)
Euclides (ca. 325-265 a.C.)
Arquímedes (ca. 287-212 a.C.)
Apolonio (ca. 262-190 a.C.)
Hipatia (¿?-415)
Al-Jwarizmi (s. IX)
Fibonacci (ca. 1175-1250)
Tartaglia y Cardano (ca. 1499-1557; 1501-1576)
Descartes (1596-1650)
Fermat (1601-1665)
Newton (1642-1727)
Leibniz (1646-1716)
Madame de Châtelet (1706-1749)
Euler (1707-1783)
Lagrange (1736-1813)
Sophie Germain (1776-1831)
Gauss (1777-1855)
Cauchy (1789-1857)
Abel (1802-1829)
Galois (1811-1832)
Riemann (1826-1866)
Sonia Kovaleskaia (1850-1891)
Poincaré (1854-1912)
Hilbert (1862-1943)
Emmy Noether (1882-1935)
Ventura Reyes Prosper (1863-1922)
Julio Rey Pastor (1888-1962)
Puig Adam (1900-1960)
Luís Santaló (1911-2001)
Miguel de Guzmán (1936-2004)
A Exposición nos Centros educativos
Todas las páginas

HENRI POINCARÉ (1854 - 1912)

Poincaré

Jules Henri Poincaré naceu en Nancy (Francia) no seo dunha familia de clase media alta con membros relevantes na sociedade francesa. O mozo Henri destacou no liceo, sendo un excelente estudante en case todas as materias, aínda que mediocre en música e educación física. Tiña problemas coa vista e tendencia a estar distraído, mentres que sobresaíu pola súa memoria e a calidade dos seus escritos.

Tras graduarse na École Polytechnique en 1875, fíxoo en enxeñería de minas en 1879 e empezou a traballar de inspector no Corps de Mines, ao que estaría ligado para sempre, aínda que en 1879 obtivo o seu doutoramento en Matemáticas na Universidade de París, baixo a supervisión de Ch. Hermite, na que continuaría o seu traballo como matemático ata o seu temperán falecemento en 1912.

Co século XX chega a gran especialización dos matemáticos, mentres que Poincaré (xunto a Hilbert) é considerado o último matemático universal. Traballa en diferentes ramas da Ciencia: Ecuacións Diferenciais, Ecuacións en Derivadas Parciais, Funcións de Variable Complexa, Teoría de Funcións Abelianas, Topoloxía Alxébrica, Teoría de Números, Xeometría Alxébrica, Ecuacións Diofánticas, Mecánica Celeste, Teoría da Relatividade, Electromagnetismo, ... Tamén escribiu importantes obras de filosofía e divulgación científica, e colaborou con psicólogos no estudo do pensamento no proceso da investigación matemática.

No seu traballo Analisys situs (1895) Poincaré pon os cimentos dunha rama importante da Matemática Moderna, a Topoloxía Alxébrica. A ela pertence unha das conxecturas máis famosas da historia das Matemáticas (un dos 7 premios do milenio do Instituto Clay de Matemáticas), A Conxectura de Poincaré, cuxa resolución foi presentada á comunidade matemática en 2002 polo matemático ruso G. Perelman.

En 1887, o rei de Suecia inicia unha competición matemática para determinar a estabilidade do sistema solar (unha variación do problema dos tres corpos). Poincaré ofreceu unha solución pola que recibiu o premio, pero cando o traballo estaba a piques de ser publicado detectouse un erro e o traballo de Poincaré para dar solución ao erro pode considerarse o inicio da Teoría do Caos ("…pode suceder que pequenas diferenzas nas condicións iniciais dean lugar a outras moi grandes nos fenómenos finais…"). Poincaré contribuíu ao desenvolvemento das teorías de Lorentz e do "principio de relatividade", de maneira que se lle considera, non sen certa polémica, un dos inventores da Teoría da Relatividade Especial (de Einstein).

--------------------------------------

Para a topoloxía (coñecida popularmente como a “xeometría das láminas de goma”) a superficie dunha cunca de café é igual a un donuts (matemáticamente chamado «touro»), pero ambas son distintas á superficie dunha pelota (a esfera).

donuts-taza de café
esfera
donuts (touro)
cunca de café
pelota (esfera)


 

© Real Sociedad Matemática Española. Aviso legal. Desarrollo web