DivulgaMAT
Inicio - DivulgaMAT Facebook - DivulgaMAT Twitter - DivulgaMAT

Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego) - Miguel de Guzmán (1936-2004)
PDF Imprimir Correo electrónico
Martes 01 de Enero de 2008
Índice del artículo
Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego)
Introdución
Equipo
Índice de la Exposición
Pitágoras (ca. 585-500 a.C)
Euclides (ca. 325-265 a.C.)
Arquímedes (ca. 287-212 a.C.)
Apolonio (ca. 262-190 a.C.)
Hipatia (¿?-415)
Al-Jwarizmi (s. IX)
Fibonacci (ca. 1175-1250)
Tartaglia y Cardano (ca. 1499-1557; 1501-1576)
Descartes (1596-1650)
Fermat (1601-1665)
Newton (1642-1727)
Leibniz (1646-1716)
Madame de Châtelet (1706-1749)
Euler (1707-1783)
Lagrange (1736-1813)
Sophie Germain (1776-1831)
Gauss (1777-1855)
Cauchy (1789-1857)
Abel (1802-1829)
Galois (1811-1832)
Riemann (1826-1866)
Sonia Kovaleskaia (1850-1891)
Poincaré (1854-1912)
Hilbert (1862-1943)
Emmy Noether (1882-1935)
Ventura Reyes Prosper (1863-1922)
Julio Rey Pastor (1888-1962)
Puig Adam (1900-1960)
Luís Santaló (1911-2001)
Miguel de Guzmán (1936-2004)
A Exposición nos Centros educativos
Todas las páginas

MIGUEL DE GUZMÁN OZÁMIZ (1936 - 2004)

MIGUEL DE GUZMÁN

Naceu en Cartaxena, foi catedrático de Análise da Universidade Complutense de Madrid, membro numerario da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, membro correspondente da Academia Nacional de Ciencias da República Arxentina e foi presidente da ICMI, Comisión Internacional de Instrución Matemática.

Obtivo a licenciatura en Filosofía en Münich en 1961 e despois licenciouse en Matemáticas e en Filosofía na Universidade Complutense en 1965. Doutorouse na Universidade de Chicago dirixido por Alberto Calderón en 1968, e regresou á Universidade Complutense, obtendo o título de doutor por esta universidade ese mesmo ano. Na Complutense desenvolveu o seu labor docente e investigadora ata a súa morte, pero tamén foi profesor nas universidades de Chicago, San Luís, Princeton, Suecia, Brasil,... Baixo a súa dirección consolidouse un amplo núcleo de investigadores cun alto recoñecemento internacional.

Unha das súas preocupacións foi o ensino das Matemáticas en todos os niveis educativos. Froito desa inquietude son os seus numerosos artigos, publicacións, conferencias e cursos, e os seus libros de texto tanto universitarios como de bacharelato: Differentation of integrals in Rn, Real variable methods in Fourier analysis, Ecuaciones diferenciales ordinarias, Teoría de estabilidad y control, Integración,...

A sua outra gran paixón foi a Divulgación Matemática. Miguel de Guzmán é o máis brillante divulgador matemático español do século XX. Os seus títulos, sempre amenos, atractivos e interesantes, son xa clásicos en todo o mundo: Mirar y ver, Cuentos con cuentas, Aventuras matemáticas, Para pensar mejor, El rincón de la pizarra, Estructuras fractales, La experiencia de descubrir en geometría,... Miguel de Guzmán foi tamén un pioneiro da utilización de Internet para divulgar o saber matemático. E ao mesmo tempo un ardente defensor da utilización dos recursos informáticos no ensino das matemáticas. Preocupado polas matemáticas en si, pero sobre todo o papel das mesmas na sociedade actual, en 1999 pon en marcha o proxecto ESTALMAT (Estimulación do Talento Matemático), co fin de potenciar o desenvolvemento das habilidades matemáticas nos mozos.

Foi un gran matemático, un gran profesor e nos últimos anos da súa vida o referente obrigado dos medios de comunicación ante calquera tema ou noticia que tivese que ver coas matemáticas ou co seu ensino no noso país. Miguel de Guzmán foi na última década o abandeirado da popularización das matemáticas en España.

--------------------------------------

Tensegridades

TensegridadTensegridad

Fotografía F. Martín Casalderrey



 

© Real Sociedad Matemática Española. Aviso legal. Desarrollo web